Quero
Tabaco, filtros
Papel, mechero
E unha posta
Na que o sol
Se funda cos océanos
Amencer no deserto
Sacar auga do cactus
Sobrevivir esperto
Ata atopar un charco
Non volver estar na pola
Sentir como a súa pel me roza
Que se respecten as mozas
E o rap soe nas escolas
Albiscar a esperanza
Nunha cabeza tola
Que fagan a mudanza
As miñas sombras
Saír do pesadelo
Que che acompaña na noite
Trepar polo castelo
Chegar ata o alto da torre
Ver como as lebres andan
E as tortugas corren
E que o goberno avanza
E xa non repartan sobres
Que acabe
A sobreexplotación ilóxica
Menos contaminantes
Máis conductas ecolóxicas
Sorrir como cando
Tes cóxegas
Que non exista a violencia
Física nin psicolóxica
Que a importancia dos artistas
Sexa ben valorada
A constancia e a maxia
Remuneradas
Voar sen ás
Escalando coas palabras
E poder sacar o ás
Que levo baixo a manga
Magnificar a cultura
E non a telebasura
Que a melanina
Non separe, que nos una
Que o soño branco
Tapado pola bruma
Se cubra de dourado
E que o interior reluza
Azul celeste
Como corazón celtiña
Non negro morte
Entender o segredo das liñas
Camiñar detrás da sorte
Que me ten obnubilado
E aloucado
Ao compás dun duro tic tac
Capacidades físicas reconstruídas
Recuperar as boas sensacións
Pra revivilas
Caer, rebotar no fondo
E non ter que volver
Ao pozo que pariu
As agrias despedidas
Que as verbas
Nunca sexan reprimidas
Por razóns lingüísticas
Que tachen as esvásticas
E as drásticas medidas
Se acaben dunha vez
Xunto coa insensatez
De entrar no circo
Dunha falsa brillantez
Que a música
Non loite co futuro
E sexa parte do presente
O escuro incandescente
Que o ente puro
Que formou
O teu conxuro
E che atrapou
Non sexa máis que flow
Envolto en froitos
De plantas autoflorecentes
A tendencia da autoestima
Na persoa crecente
Que a esencia da rima
Nunca esté ausente
E a cálida caricia
Dunha pálida ledicia
Non me leve ata a desgracia
Da que fun confidente
A amargura distante
As verdades por diante
Que me emocionen as letras
Tanto coma antes
Fusionarme co instante
Refuxiarme no trance
Abrir de par en par o peito
Para reanimarme